Benvidos á ACRD Pardavila
Asociación Cultural Recreativa Deportiva Pardavila.
Cultura, lecer e deporte no corazón de Lavadores.
Trataremos dende este medio tan estendido darlle a toda a xente da vila información desta entidade. Nos diversos apartados atoparedes todas as actividades, cursos e eventos acaecidos ou que acontecerán neste Centro Cultural.
Dende esta Asociación queremos darlle a benvida a esta páxina web. Trataremos de que toda a xente da vila estea ao día de todos os movementos que dende esta Asociación queremos propoñervos.
Sabemos que nos tempos que corren non é doado facer diversas actividades, tanto polo pouco apoio que se recibe das Institucións, que son parte fundamental para o bo desenvolvemento da cultura popular e o lecer d@s veciñ@s do barrio.
A nova Xunta Directiva fará todo o seu esforzo e traballo para levar por bo camiño o noso Centro Cultural, sempre contando coa vosa estimada axuda. Damos as grazas tamén á Asociación de Centros Culturais e demais asociacións que de vez en cando nos botan unha man.
Máis de 50 anos de historia
A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Pardavila escomezou a súa andaina alá polo ano 1976, onde un apañado grupo de homes e mulleres lograron os primeiros movementos para facer posible que a xente do barrio poidera ter un centro de xuntanzas, lecer e esparcemento na vila. Durante moito tempo estivo no máis alto das actividades xerais da nosa cidade. Hoxe en día continúan traballando forte e duro polo ben do barrio e da xente da parroquia de Lavadores.
"Unha aperta cultural, social, recreativa e deportiva."
Principais actividades anuais
Todo o que facemos ao longo do ano para o barrio e os seus veciños.
Gastronomía
- Sardiñada de San Xoán
- Magosto Popular
- Saída Micolóxica e posterior degustación
- Festa da Tortilla
Cultura e festas
- Certame Literario e de Debuxo no Día das Letras Galegas
- Visita de Papá Noel e actos navideños
- Festa e Concurso de disfraces de Entroido
Cursos e talleres
- Clases de ximnasia e pilates
- Taller de orfebrería
- Clases de baile en varias modalidades
- Pintura ao óleo e manualidades
- Curso de cómic
Deporte
- Loita grecorromana e libre
- Participa en torneos de xogos de mesa
- Liga da Federación Galega de Petanca
- Clases de zumba e baile moderno
¡Anímate! Fáite Soci@
Forma parte da familia da ACRD Pardavila. Máis de 50 anos construíndo comunidade en Lavadores. A túa asociación, o teu barrio.