Escudo ACRD Pardavila
A.C.R.D. Pardavila
Asociación Cultural Recreativa Deportiva
Lavadores Vigo Dende 1987
← O Cancioneiro
A.C.R.D
Pardavila
Popular

O Sancristán de Coímbra

🎙️ Gravación en preparación. Pronto poderás escoitala aquí.

📜 Letra

O Sancristán de Coímbra facía de mil diabluras: (BIS) mollaba o pan en aceite, deixaba os santos a escuras. (BIS) E bate fado e bate ben, ti ére-la causa do meu desdén. (BIS) O mar tamén ten amores, o mar tamén ten muller. (BIS) Está casado coa area, dálle bicos cantos quer. (BIS) E bate fado... Eu quixera ser merliño e te-lo bico encarnado (BIS) para face-lo meu niño no teu cabelo dourado. (BIS) Tirei unha laranxiña no medio de Portugal (BIS) a quen lle foi a batere? á filla dun xeneral. (BIS) Miña nai xa non me deixa levar o leite a Coímbra (BIS) porque dicen os rapaces: ai, que leiteira máis linda! (BIS) E bate fado...

Gústache esta cantiga?Pois esta e a letra para que poidas cantala, tocala e bailala.