← O Cancioneiro
A.C.R.D
Pardavila
Pardavila
Popular
Alá Vai o Gaiteiro
🎙️ Gravación en preparación. Pronto poderás escoitala aquí.
📜 Letra
Bota viño do Ribeiro, taberneiro bota viño, bota viño do Ribeiro, que os de Vigo pra cantare temos que beber primeiro, temos que beber primeiro, ailalelo, ailalalo. Alá vai o gaiteiro por detrás do pinar, vai tocando unha gaita, ai deixalo pasar, ai deixalo pasar, ai deixalo pasar, alá vai o gaiteiro por detrás do pinar. Sonche de moito palique as rapaciñas da Guarda, elas botan o anzuelo, quen queira picar que pique, ailalelo, ailalalo. Alá vai o gaiteiro... Ben se poden alabare, as rapaciñas da Guarda son bonitas e ben feitas, e salgadas como o mare, ailalelo, ailalalo. Alá vai o gaiteiro... Pensando que te casabas, fixéche-la permanente, fixéche-la vinte veces e quedache como estabas, ailalelo, ailalalo. Alá vai o gaiteiro...
Gústache esta cantiga?Pois esta e a letra para que poidas cantala, tocala e bailala.
A.C.R.D. Pardavila