Escudo ACRD Pardavila
A.C.R.D. Pardavila
Asociación Cultural Recreativa Deportiva
Lavadores Vigo Dende 1987
← O Cancioneiro
A.C.R.D
Pardavila
Popular

A Beira do Mar

🎙️ Gravación en preparación. Pronto poderás escoitala aquí.

📜 Letra

Ollos verdes son traidores, (BIS) azules son mentireiros, os negros e acastañados son firmes e verdadeiros. (BIS) Na beira, na beira, na beira do mar hai unha lanchiña pra ir a navegar. (BIS) Hoxe vinte pasar a ría (BIS) cuns zoquiños de madeira, ías tan remangadiña ó pasar pola ribeira. (BIS) Na beira, na beira... Cinco sentidos che temos, (BIS) os cinco necesitamos, pero os cinco perdemos en canto nos namoramos. Na beira, na beira...

Gústache esta cantiga?Pois esta e a letra para que poidas tocala e bailala.