Escudo ACRD Pardavila
A.C.R.D. Pardavila
Asociación Cultural Recreativa Deportiva
Lavadores Vigo Dende 1987
← O Cancioneiro
A.C.R.D
Pardavila
Popular

A Carolina

🎙️ Gravación en preparación. Pronto poderás escoitala aquí.

📜 Letra

A Carolina é unha tola que todo o fai ó revés, vístese pola cabeza e díspese polos pés. -Bailaches Carolina? -Bailei no cuartel. -Dime con quen bailaches. Bailei co coronel (tres veces) Bailaches Carolina? Bailei, no cuartel. O señor cura non baila porque ten unha coroa. Baile, señor cura, baile, que Deus todo llo perdoa. -Bailaches Carolina? -Bailei, abofé. -Dime con quen bailaches. -Bailei co meu Xosé (tres veces) Bailaches Carolina? Bailei, abofé. No curro da Carolina non entra carro pechado, namais entra a Carolina co seu cocho polo rabo. A saia da Carolina ten un lagarto pintado; cando a Carolina baila, o lagarto dálle ó rabo. -Bailaches Carolina? -Bailei, si señor. -Dime con quen bailaches. -Bailei co meu amor (tres veces) Bailaches Carolina? Bailei, si señor. Co teu amor, Carolina, non volvas a bailar, porque che levanta a saia e é moi mala de baixar. Carolina ten un niño entre as tellas do tellado. O niño de Carolina cando chove está mollado.

Gústache esta cantiga?Pois esta e a letra para que poidas tocala e bailala.