Escudo ACRD Pardavila
A.C.R.D. Pardavila
Asociación Cultural Recreativa Deportiva
Lavadores Vigo Dende 1987
← O Cancioneiro
A.C.R.D
Pardavila
Popular

A Miña Burriña

🎙️ Gravación en preparación. Pronto poderás escoitala aquí.

📜 Letra

A miña burriña cando vai ó muíño, vai toda enfariñada cheíña de frío, cheíña de frío e mais de xiada, ai, a miña burriña sempre vai cargada. (BIS) Esta noite hei de ir a verte, nena non me teñas medo, (BIS) déixame a porta trancada, ai, cunha palliña de centeo. (BIS) A miña burriña... Cando vou pro fiadeiro non vou por fiar na roca, (BIS) vou a toca-lo pandeiro, ai, que esta noite a min me toca. (BIS) A miña burriña... E esta noite e maila outra e maila outra pasada, (BIS) abalei unha pereira, ai, que nunca fora abalada. (BIS) A miña burriña...

Gústache esta cantiga?Pois esta e a letra para que poidas tocala e bailala.