← O Cancioneiro
A.C.R.D
Pardavila
Pardavila
Popular
A Volta da Festa
🎙️ Gravación en preparación. Pronto poderás escoitala aquí.
📜 Letra
Vente vindo, vente vindo que eu tamén me vou andando, fixen a cama na folla, o vento vaima levando. (BIS) Ailalelo ailalalo. Toleaches pola peneira, toleaches por peneirar. Toleaches por ter amores, toleaches por te casar. (2BIS) Toleaches pola peneira, toleaches por peneirar. O paxaro cando chove mete o rabo na silveira, así fan as boas mozas cando non hai quenas queira. (BIS) Ailalelo ailalalo. Toleaches pola peneira... Catro puntas ten Paredes, catro puntas o meu pano, o que ten a muller fea ten bacallau todo o ano. (BIS) Ailalelo ailalalo. Toleaches pola peneira...
Gústache esta cantiga?Pois esta e a letra para que poidas tocala e bailala.
A.C.R.D. Pardavila