Escudo ACRD Pardavila
A.C.R.D. Pardavila
Asociación Cultural Recreativa Deportiva
Lavadores Vigo Dende 1987
← O Cancioneiro
A.C.R.D
Pardavila
Popular

Ai Maruxiña!

🎙️ Gravación en preparación. Pronto poderás escoitala aquí.

📜 Letra

Eu querer quéroche ben, eu téñoche admiración, quero casarme contigo, non mo quita o corazón. Ai Maruxiña, eu ben cho dicía, que o andar de noite é unha tolería, é unha tolería, é unha tolería, ai Maruxiña, eu ben cho dicía. Heiche de da-lo boi branco e maila vaca marela e maila filla máis nova pra que te deites con ela, pra que te deites con ela, ailalelo, ailalalo. Ai Maruxiña, non é nada malo darlle un biquiño a un namorado, a un namorado, a un namorado, ai Maruxiña, non é nada malo. Ai Maruxiña, detrás dun valado, dáme un biquiño que non é pecado, ai Maruxiña, detrás dun valado. Ai Maruxiña, detrás dun codeso, dáme un biquiño que eu ben cho merezo, ai, Maruxiña, detrás dun codeso.

Gústache esta cantiga?Pois esta e a letra para que poidas tocala e bailala.