Escudo ACRD Pardavila
A.C.R.D. Pardavila
Asociación Cultural Recreativa Deportiva
Lavadores Vigo Dende 1987
← O Cancioneiro
A.C.R.D
Pardavila
Popular

E Pra Que Non Digas

🎙️ Gravación en preparación. Pronto poderás escoitala aquí.

📜 Letra

(Cantiga de Montefurado) E pra que non digas que tal e que cual, que foi e non foi que tal que sei eu, eu aló non fun, ela acó non veu, nin eu llo pedín nin ela mo deu. Maruxiña, dáme un bico (BIS) que che hei de dar un pataco. (Non quero bicos dos homes que me cheiran ao tabaco.) (BIS) E pra que non digas... Maruxiña do forneiro (BIS) se coceras faime un bolo, (se mofas faimo de millo que eu de trigo non cho como.) (BIS) E pra que non digas... Maruxiña ti es o demo, (BIS) sempre me andas atentando, (ou nos ríos ou nas fontes sempre te atopo lavando.) (BIS) E pra que non digas... Maruxiña cando chove (BIS) pon o neno no tellado; (o neno de Maruxiña cando chove está mollado.) (BIS) E pra que non digas... Maruxiña sempre chora (BIS) arrimadiña a un palleiro, (tiña a gaitiña na man e faltáballe o gaiteiro.) (BIS) E pra que non digas...

Gústache esta cantiga?Pois esta e a letra para que poidas tocala e bailala.