Escudo ACRD Pardavila
A.C.R.D. Pardavila
Asociación Cultural Recreativa Deportiva
Lavadores Vigo Dende 1987
← O Cancioneiro
A.C.R.D
Pardavila
Popular

Eu Non Sei Que Ten a Morena

🎙️ Gravación en preparación. Pronto poderás escoitala aquí.

📜 Letra

Eu non sei que ten a morena, eu non sei que a morena ten, eu non sei que ten a morena, que xa todos lle queren ben. Eu non sei que pasou no muíño, eu non sei que debeu de pasar, desde entón Maruxiña está triste, desde entón non fai máis que chorar. Eu non sei que ten a morena... Fun ó muíño con Paula, (BIS) fun ó muíño con ela, ela durmiu nos meus brazos, eu durmín nos brazos dela. (BIS) ailalelo, ailalalo. Coitadiño do que chora, coitadiño, coitadiño, cando as penas son grandes non se poden botar fóra, non se poden botar fóra, ailalelo, ailalalo.

Gústache esta cantiga?Pois esta e a letra para que poidas tocala e bailala.