Pardavila
Foliada de Olás
📜 Letra
Dáme o que che pido nena que non che pido diñeiro, dáme a túa ovella negra pra xuntare ó meu carneiro. (BIS) Ailelelo... E ti telo, telo, non o queres dar, e despois de vella podelo salgar, podelo salgar, podelo salgar, e ti telo, telo, non o queres dar, ailelelo... Fuxe de aí sapoconcho, ai la la, mañá teño que cocer, trailalala, se non teño varredoiro, ai la la, contigo hei de varrer, trailalala. E chíscao por diante e chíscao por tras e tócalle as cunchas churrascarraschás, churrascarraschás, churrascarraschás, e chíscao por diante e chíscao por tras. Dáme o que che pido nena, dámo que non é pecado, unha muxica de lume pra prender o meu cigarro, ailalelo ailalala. Por esta carballeiriña moito me gusta cantar, anque non téña-la gracia ela hache resoar, ailalelo ailalala. Ei veñen, ei veñen, ei veñen, ei van sardiñas fresquiñas de pola mañá, de pola mañá, de pola mañá, ei veñen, ei veñen, ei veñen, ei van.
A.C.R.D. Pardavila