Escudo ACRD Pardavila
A.C.R.D. Pardavila
Asociación Cultural Recreativa Deportiva
Lavadores Vigo Dende 1987
← O Cancioneiro
A.C.R.D
Pardavila
Himno

Himno Galego

🎙️ Gravación en preparación. Pronto poderás escoitala aquí.

📜 Letra

Que din os rumorosos na costa verdecente, ao raio transparente do prácido luar? Que din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar? -"Do teu verdor cinguido e de benignos astros, confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono, fogar de Breogán". "Os bos e xenerosos a nosa voz entenden, e con arroubo atenden o noso rouco son, mais sóo os iñorantes, e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non". "Os tempos son chegados dos bardos das edades, que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, donde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán".

Gústache esta cantiga?Pois esta e a letra para que poidas tocala e bailala.