Escudo ACRD Pardavila
A.C.R.D. Pardavila
Asociación Cultural Recreativa Deportiva
Lavadores Vigo Dende 1987
← O Cancioneiro
A.C.R.D
Pardavila
Popular

O Gaiteiro

🎙️ Gravación en preparación. Pronto poderás escoitala aquí.

📜 Letra

Bota viño do Ribeiro, taberneiro bota viño, bota viño do Ribeiro, que os de Vigo pra cantar-e temos que beber primeiro. (BIS) Ailalelo ailalalo. Alá vai o gaiteiro por detrás do pinar, vai tocando unha gaita, ai deixalo pasar. Ai deixalo pasar, ai deixalo pasar, alá vai o gaiteiro por detrás do pinar. Sonche de moito palique as rapaciñas da Guarda, elas botan o anzuelo, quen queira picar que pique. (BIS) Ailalelo ailalalo. Alá vai o gaiteiro... Ben se poden alabar-e, as rapaciñas da Guarda, son bonitas e ben feitas e salgadas coma o mar-e. (BIS) Ailalelo ailalalo. Alá vai o gaiteiro... Pensando que te casabas fixéchela permanente, fixéchela vinte veces e quedaches como estabas. (BIS) Ailalelo ailalalo. Alá vai o gaiteiro...

Gústache esta cantiga?Pois esta e a letra para que poidas tocala e bailala.