Escudo ACRD Pardavila
A.C.R.D. Pardavila
Asociación Cultural Recreativa Deportiva
Lavadores Vigo Dende 1987
← O Cancioneiro
A.C.R.D
Pardavila
Popular

O Gato

🎙️ Gravación en preparación. Pronto poderás escoitala aquí.

📜 Letra

Xuntáronse catro un día, os millores deste barrio, mataron un gato a tiros e o meteron nun saco. Vai o gato metido nun saco, vai o gato prá terra da Laxe; vai o gato metido nun saco, ai, gatiño! xa non volve máis. Que mal lles parecería a calquera deses catro, que os meteran nun saco como meteron o gato. Vai o gato... Aquel gato era un artista, traballaba na ribeira, agora é un bañista na praia da Castiñeira. Vai o gato...

Gústache esta cantiga?Pois esta e a letra para que poidas tocala e bailala.