← O Cancioneiro
A.C.R.D
Pardavila
Pardavila
Pandeirada
Pandeirada do Grove
🎙️ Gravación en preparación. Pronto poderás escoitala aquí.
📜 Letra
Pasei un día no Grove, (BIS) nunca o poderei olvidar-e, non hai rico nin hai probe (2BIS) que non saiba pandeirar-e. Ai la la la la la, ai la la la la la, escomencémo-la pandeirada, escomencemos o baile xa. O paxaro cando chove (BIS) mete o rabo na silveira, así fai a boa moza (2BIS) cando non ten quena queira. Ai la la la la la... Non teño medo aos teus ditos, (BIS) nin medo dos teus enredos, que ando cunha vacaloura (2BIS) e catro dentes de allo. Ai la la la la la...
Gústache esta cantiga?Pois esta e a letra para que poidas tocala e bailala.
A.C.R.D. Pardavila