Escudo ACRD Pardavila
A.C.R.D. Pardavila
Asociación Cultural Recreativa Deportiva
Lavadores Vigo Dende 1987
← O Cancioneiro
A.C.R.D
Pardavila
Popular

Para Vir a Xunta Min

🎙️ Gravación en preparación. Pronto poderás escoitala aquí.

📜 Letra

Para vir a xunta min, para vir a xunta min, vai lava-la cara, vai lava-la cara, galopín! Miña nai por me casare, ofreceume canto tiña, agora que estou casado, pagoume cunha galiña, ailalelo, ailalalo! Para vir a xunta min... Túa nai e mais a miña quedan no río berrando por culpa dunha galiña, que ten amores cun galo, ailalelo, ailalalo. Para vir a xunta min... Eu queríame casare, miña nai non teño roupa. Casa, miña filla, casa, que unha perna tapa a outra. Para vir a xunta min... Eu queríame casare, miña nai dime que é cedo, ela como está casada, non sabe as ganas que eu teño. Para vir a xunta min...

Gústache esta cantiga?Pois esta e a letra para que poidas tocala e bailala.