Pardavila
Por Que Son da Mariña
📜 Letra
Que ben fixeron teus pais en facerte costureira, cando chove non te mollas, (BIS) cando vai sol non te queimas. Teño unha morena alá en Viascón, teño outra na Pobra e outra en Marcón, e outra en Marcón, e outra en Marcón, teño unha morena alá en Viascón. Non te cases cun ferreiro que é moi malo de lavar, (BIS) cásate cun mariñeiro que vén lavado do mar, que vén lavado do mar, ailelelo, ailalalo. Porque son da Mariña son mariñán e o fungueiro do carro lévoo na man, levo na man morena, levo na man, porque son da Mariña son mariñán. Co aro dunha peneira miña nai deume unha tunda, co aro dunha peneira, miña nai teña vergonza, que vén a xente da feira, ailalelo, ailalalo. Porque son da Mariña... Chamáchesme pouca roupa, (BIS) se tes moita teu proveito, menos teño que tirar-e de noite cando me deito. (BIS) Porque son da Mariña... Miña nai matou un merlo (BIS) e meu pai unha paxara. Alegría meu irmán que esta noite hai paxarada. (BIS)
A.C.R.D. Pardavila