Escudo ACRD Pardavila
A.C.R.D. Pardavila
Asociación Cultural Recreativa Deportiva
Lavadores Vigo Dende 1987
← O Cancioneiro
A.C.R.D
Pardavila
Popular

Pousa, Pousa

🎙️ Gravación en preparación. Pronto poderás escoitala aquí.

📜 Letra

Fun á taberna do meu compadre, fun polo vento e vin polo aire: e como é cousa de encantamento fun polo aire e vin polo vento. (BIS) E pousa, pousa, pousa, e non me toques naquela cousa: (BIS) e pousa, pousa axiña, e non me toques naquela cousiña. (BIS) Murmuraban as miñas veciñas que eu andaba co crego nas viñas: (BIS) eso é verdá, eu non o nego, que eu andiven a loitas co crego. (BIS) E pousa, pousa... Cando me case xa teño un galo, xa miña nai non me ten que dalo; (BIS) cando me case xa teño un polo, xa miña nai non me ten que dar todo. (BIS) E pousa, pousa...

Gústache esta cantiga?Pois esta e a letra para que poidas tocala e bailala.