← O Cancioneiro
A.C.R.D
Pardavila
Pardavila
Popular
Rodaballo
🎙️ Gravación en preparación. Pronto poderás escoitala aquí.
📜 Letra
Nunha lancha de Marín coa proa de carballo, (BIS) catro rapaces da Pobra, ui, ai, ai, roubaron un rodaballo. (BIS) Mala chispa te coma, mala chispa che dea, mala chispa te trague, ai, ai, ié. (BIS) O patrón que os mandaba tamén era de Marín (BIS) e díxolle ao rodaballo: ui, ai, ai, moito miras para min! (BIS) Mala chispa te coma... Fórono vender á lonxa e con moito disimulo (BIS) e quen o foi a comprar, ui, ai, ai, a filla do Cachirulo! (BIS) Mala chispa te coma... Aquí se acaba a historia deste peixe rodaballo (BIS) que por non haber aceite, ui, ai, ai, houbo que comelo asado. (BIS) Mala chispa te coma...
Gústache esta cantiga?Pois esta e a letra para que poidas tocala e bailala.
A.C.R.D. Pardavila