← O Cancioneiro
A.C.R.D
Pardavila
Pardavila
Popular
Vaite Lavar, Porcona!
🎙️ Gravación en preparación. Pronto poderás escoitala aquí.
📜 Letra
Vaite lavar, porcona, vaite lavar, se non che chega o río, tírate ó mar, tírate ó mar, porcona, tírate ó mar, vaite lavar, porcona, vaite lavar. A muller do ferreiriño, non hai muller coma ela, de día malla no ferro e de noite o ferreiro nela. Vaite lavar, porcona... O galo cando canta é día, é día, é día, o galo cando canta é día, vaite de baranda vaite todo o día. E nós como somos gandules, gandules, gandules, vamos de baranda de sábado a lunes. Cada vez que te emborrachas, Manuel, ti xa vés en busca miña, Manuel, ai Manueliño, Manuel, ogallá te emborracharas, Manuel, a todas horas do día. Vaite lavar, porcona...
Gústache esta cantiga?Pois esta e a letra para que poidas tocala e bailala.
A.C.R.D. Pardavila