Pardavila
Ven Bailar Carmiña
📜 Letra
Ven bailar Carmiña, Carmiña, Carmela, con zapato baixo e media de seda, e media de seda e media calada, ven bailar Carmiña, miña namorada. Os zapatos piden medias, as medias piden zapatos, as rapaciñas bonitas piden rapaciños guapos. Ven bailar Carmiña... Catro cousas hai no mundo que revolven os sentidos: amar e non ser amado, querer e non ser querido. Ven bailar Carmiña... O son da miña gaitiña as nenas hei de levare, as tontiñas sonche elas que se deixan enganare. Ven bailar Carmiña... Aí che vai meu corazón, se o queres matar ben podes, pero como ti vas dentro tamén se ti o matas morres. Ven bailar Carmiña... Oliveira ben prantada sempre parece oliveira, unha moza ben casada sempre parece solteira. Ven bailar Carmiña, miña namorada.
A.C.R.D. Pardavila