Escudo ACRD Pardavila
A.C.R.D. Pardavila
Asociación Cultural Recreativa Deportiva
Lavadores Vigo Dende 1987
← O Cancioneiro
A.C.R.D
Pardavila
Popular

Xa Me Dixo Teu Pai

🎙️ Gravación en preparación. Pronto poderás escoitala aquí.

📜 Letra

Chamáchesme trubisqueira, ai si, si, chamáchesme trubisqueira, ai si, si, ai no, no, herba que o gando non come, ai si, si, máis vale ser trubisqueira, ai si, si, ai no no, que muller de ruín home, ai si, si. Xa me dixo teu pai que te saque a bailar e no medio do baile que deixe quedar (bis), ai si, si, ai non, non, xa me dixo teu pai que te saque a bailar. O río cando vai cheo, ai si, si, leva carballos e follas, tamén podía levar as linguas marmuradoras, ai si, si. Xa me dixo teu pai... Salgueiro verde no río, ai si, si, cuberto de flores brancas, como queres que te queira sendo ti galán de tantas, ai si, si. Xa me dixo teu pai... Vou da-la despedida, ai si, si, por riba dun pau de xesta, aquí está a boa xente, aquí está a xente na festa, ai si, si. Xa me dixo teu pai...

Gústache esta cantiga?Pois esta e a letra para que poidas cantala, tocala e bailala.